Monday 06 de May de 2024

A Xunta achega a representación da obra teatral “Tentaciones” ás residencias de maiores e de persoas con discapacidade da rede autonómica


A Xunta financia a representación de obras teatrais nas residencias de maiores e persoas con discapacidade da rede autonómica. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á representación da obra Tentaciones que se realizou esta mañá no CAPD da Coruña coa colaboración da productora de Blanca Marsilach.

O Goberno galego levará esta representación a outros centro de toda a Comunidade. Esta mesma tarde estará na residencia de maiores Torrente Ballester, o vindeiro dous de xuño estará nas residencias lucenses das Gándaras e da Milagrosa e o día tres nas residencias de Marín e no CAPD de Redondela.